-
Notifications
You must be signed in to change notification settings - Fork 0
Home
Tras un intenso debate ao longo de varias asembleas e xuntanzas concluímos:
Pese a considerar positivo tanto o traballo realizado coma os resultados acadados nestas cinco edicións do festival, a motivación real que promove o evento non se está a transmitir ao público.
Esta preocupación é o motivo que nos induce a comezar unha nova etapa: A volta ao Orixe.
O problema radica en que o aumento en envergadura supuxo unha perda na capacidade de transmitir os valores que promoven o festival. A solución pasa por resetear o ciclo de vida do evento.
O diñeiro é o cancro deste sistema que queremos cambiar. Sendo este un festival humilde, para xente humilde, non é aceptábel que cun lustro de vida ao público lle pareza acomodado - ou mesmo ostentoso - polo que imos a producir cunha menor cantidade de recursos.
A hospitalidade é unha seña de identidade deste evento, e quen acuda a el debe sentirse acollido na nosa casa. Queremos recuperar o ambiente familiar que fomenta a conversación e o compartir experiencias, polo que imos eliminar as fontes de estrés que perxudiquen o bo trato ás persoas, tanto currantes coma visitantes, sexa a falta de tempo ou de outros recursos.
A maneira en que nos comunicamos co mundo é demasiado seria e non representa adecuadamente a cultura underground da que formamos parte. Imos cambiar o photoshop polo lápiz e o papel, deixar a linguaxe culta para os papeis serios, e transmitir dunha forma natural para nós: dende a rúa e para a rúa.
O Aversion foi e será posíbel grazas a unha enorme banda de personaxes que máis que unha película dábamos unha saga enteira. Xestámolo non en grandes salóns de grandes palacios, senón en antros de todo tipo e de todas partes, ano a ano, noite a noite.
Voltamos á casa.
Volta á orixe.
OUR AVERSION TO THE WORLD'S BASTARDS